viernes, 10 de junio de 2011

A selectividade, ese 'marabilloso' recordo

Si quieres leer la versión en castellano pincha aquí e introduce la contraseña 1234

Non teño demasiado lonxe aquel xuño no que tiven que facer a selectividade. E cada vez que vexo aos mozos que están pasando por ela nos anos que me seguiro, meu Deus, sígome pondo nerviosa con eles!! Que non digan patrañas, despois de 5 anos, non vexo con cariño, nin con diversión o período de la selectividade, que non me tomen o pelo. Agora ben, é tal a putada que supón, que te sentes poderoso cando a superas, muahahahahaha!!!!

Na nube de recordos que teño deses días (os nervios non me deixaron 'atesourar aqueles marabillosos momentos') lembro a algúns dos bos profesores que tiven nesa etapa dicíndome 'tranquila, xa veras como vai ser ata divertido e todo vai ben' JA!! Neses tres días, que renderon coma tres anos, apenas falei, comin ou durmin, 'uhhhh! unha festa digna de recordar con diversión' tíñalles que ter respondido. Pero na miña cabeza so había sintaxis, literatura, latín, grego, cuadros, esculturas, algo (máis ben pouco) de inglés...


Chegou o primeiro día. Do meu grupo de compañeiros cercanos era a única que necesitaba unha nota alta, máis aló de pola satisfacción de obter un bo resultado despois do esforzo. Para min era vital conseguila e estudar o que xa decidira 4 anos atrás. Así que, todos eles con nervios, pero nun ambiente máis distendido, polo menos falaban!!

'Meu Deus, xa está, ale!!' Pensei cando me sentei na aula, pero non! Unha cámara de tele quería gravarnos antes de empezar. Naquel momento pensei, 'fillos de …. queredes deixarme facer os meus exames antes de morrer!!!' Agora paréceme que foi algo case premonitorio :) Algunhas persoas recoñeceronme e tiven que escoitar 'meu deus, non se podía estar máis pálida!!'. 'E o que ten nin comer nin durmir', pensei moitas veces a posteriori. E así, non sei como, pasaron aqueles 3 días!
Edificio de Ferro, Facultade de Historia de Ourense

Oh!!! Cando rematei, aquel medio día fun xantar con miña nai unha PIZZA GIGANTEEEE que non me sentou todo o ben que debia. Ao medio relaxarme a dor de espalda era criminal!! Pero bueno, uns días despois ibame de viaxe, A MIÑA PRIMEIRA VIAXE DE 'GRANDE'!!!! Parecia que todo pasara, incautiña de min. Estando no meu destino TACHÁN!!!! As notas da selectividade saíron publicadas. E non, non eran como eu esperaban, e polas miñas contas deixabanme sen posibilidades de estudiar xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela. Creo que ainda hoxe nunca chorei tanto na miña vida (o que tamén indica que teño unha vida feliz jijij)

Lexo da casa, meus pais preocupados polo meu ánimo, BENDITO Alberto, e bendita paciencia!! Horas de pranto, pero rapidamente comecei a maquinar as alternativas, eu habería de ser xornalista si ou si!!!!!!

Xa de volta intentei reclamar un exame (debéronse rir ben, porque caso non me fixeron ningún) e mandei a miña solicitude para a universidade, con resignación ante un esperado non. Porén unhas semanas despois volvía a estar chorando, pero esta vez porque, demo!! as miñas contas non foran correctas. Aquela 'D' nun papel que significaba 'admitida para matricularse' foi mellor ca un cupón premiado do Euromillón!! Daquela non tiña internet na casa (parece a Idade de Pedra) e creo que o cativo que tiña o lado no ciber nunca esquecera a 'aquela tola'. Esta vez estaba na casa, e esta vez tamén estaba Alberto, nas duras, e esta vez nunha madurííííííííííííííísima :)

E como se fose cousa de meigas en outubro encontrábama nunha facultade de Xornalismo e Comunicación Audiovisual, que o principio me parecía un terreo hostil pero que rematou por converterse na miña casa!

Facultade de Xornalismo en Santiago


Pero non. Malia o 'éxito', non gardo un bo recordo!! Botei moooooooito tempo se volver o restaurante donde xantei aqueles dias, póndome nerviosa canda pasaba polo edificio onde me examinei (Facultade de Historia), soñando co fracaso nesa proba... Creo que comecei a superalo cando, 4 anos despois, volvín a Facultade de Historia o primeiro verán que traballei como xornalista. Déronme ganas de gritar 'MUAHAHAHAHAHAHAAHAHAHA!!!!!' Fíxeno cara os meus adentros :)

A selectividade, dende o meu punto de vista, non é bonita, nin divertida, nin un grato recordo. So é útil, as (moitas) veces inxusta, pero sen máis. Se un quere de verdade estudiar algo, ainda que teña que invertir máis tempo, pode buscar unha carreira compatible e mudarse no segundo ciclo, seguro ten que haber un xeito se esa proba non nos fai xustiza. JA!!! Quen é ela para decidir por nós?

Campións, para min todos os estudantes (que estudan XD ) teñen moito mérito. Nestas datas mención especial aos que se examinan nestos días da selectividade. Seguro que chegará o seu momento de facer 'MUAHAHAHAHAHAHAAHAHAHA!!!!!'

domingo, 5 de junio de 2011

Cada día máis linda

 Nesta entrada quero presentar algúns puntos de interés (ou que a min me parecen interesantes) naturais e monumentais de GALICIA // En esta entrada quiero presentar algunos puntos de interés (o que a mi me parecen interesantes) naturales y monumentales de GALICIA.

E, á marxe de tópicos, Galicia é AUGA. Auga de ríos e regatos // Y, al margen de los tópicos, Galicia es AGUA. Agúa de ríos y arroyos.


Barbaña de Beade, OURENSE




Río Miño



















Augas termais, para visitar de día ou de noite e aproveitar os seus beneficios para a saúde ou simplemente disfrutar dun baño. No hai mellor lugar para isto que Ourense, capital termal. Así de fácil contrarrestamos aquelo de ser a única provincia galega sen mar ;) // Aguas termales para visitar de día o de noche y aprovechar sus beneficios para la salud o simplemente disfrutar de un baño. No hay mejor lugar para ello que Ourense, capital termal. Así de fácil contrarrestamos aquello de ser la única provincia gallega sin mar ;)


Termas de Outariz, OURENSE
 

 ...como pulmóns en grandes cidades como neste caso.
 Un dos estanques do Paque de Castrelos en VIGO, un espazo dentro da cidade que non parece cidade, pola súa serenidade e frescor. Nel tamén se realizan algunhas das actuacións musicais máis importantes que visitan este municipio.// 
...como pulmones en grandes ciudades como neste caso un como en este caso. Uno de los estanques del Parque de Castrelos en VIGO, un espacio dentro de la ciudad que no parece la ciudad, por su serenidad y frescor. En el también se realizan algunas de las actuaciones más importantes que visitan este municipio.





E como non, O MAR // Y como no, EL MAR

Rosa dos ventos, A CORUÑA

 

Praia de Samil, VIGO

E como se fose cousa de meigas, en menos do que pensamos podemos pasar da praia a montaña, que luxo de diversidade!! // Y como si fuese cosa de meigas, en menos de lo que pensamos podemos pasar de la playa a la montaña, que lujo de diversidad!!


Mirador de Fontefría, con unha servidora, non
reparedes en min!!

A medio camiño entre Ourense e Manzaneda, si
tamén hai neve :)



















Así, como quen non quere a cousa, atopamos asombrosos monumentos rodeados de naturaleza. No corazón do Ribeiro, entre viña e viña, está a Igrexa parroquial de Santa María en Beade, OURENSE, xunto ca Capela de San Roque e un viacrucis formado por 14 cruceiros que remata no calvario, reseñado na obra de Castelao, 'As cruces de Pedra na Galiza'// Así, como quién no quiere la cosa, encontramos asombrosos momumentos rodeados de naturaleza. En el corazón de O Ribeiro, entre viña y viña, está la Iglesia parroquial de Santa María en Beade, OURENSE, junto a la Capilla de San Roque y un viacrucis formado por 14 cruceiros que terminan en en calvario, reseñado en la obra de Castelao 'As cruces de Pedra na Galiza'.



Mosteiro de Oseira, OURENSE


A Peregrina, PONTEVEDRA





















Nesta 'primeira entrega' de 'lugares de interés' non podía faltar, o monumento de monumentos, a catedral de catedrais... // En esta 'primera entrega' de 'lugares de interés' no podía faltar el momumento de monumentos, la catedral de catedrales...

A CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
E isto é todo por agora, gracias ás fotos sacadas principalmente por Alberto, algunha miña, e pola miña amiga Andrea  a da Catedral de Santigao. Poderíanse facer 150 mil millóns de entrada deste tipo, eu farei algunha máis ;) // Y esto es todo por ahora, gracias a las fotos sacadas principalmente por Alberto, alguna mía, y por mi amiga Andrea la de la Catedral de Santiago. Se podrían hacer 150 mil millones de entradas de este tipo, yo haré alguna más :)