Si quieres leer la versión en castellano pincha aquí e introduce la contraseña 1234
Creo que non hai mellor día para inaugurar un blog que o Día das Letras Galegas. Cada 17 de maio dende o 1963 homenaxéase a un autor que, ca súa actividade, traballou pola lingua galega. Neste 2011 a Real Academia Galega escolleu a Lois Pereiro como representante de produción literaria na lingua propia de Galicia (art.5º). Pero dende Rosalía de Castro a Lois Pereiro non so se trata de resalta unha figura en concreto, senón de honrar un idioma e unha cultura ben rica, tan rica que debe ser recoñecida os 365 días do ano, non so os 17 de maio.Nin os costumes, a lingua, a cultura, as tradicións, en definitiva, a identidade galega correron moita sorte o longo da historía recente. Sabémolo. Agora estamos no momento de darlle a posición que se merece, sen agresións nin animadversións cara ningún outro idioma ou cultura, so buscando que alcance o estatus que se merece e que lle ten sido negado.
Non ten nada que ver con política, so con sentirse orgulloso do que se é, como un andaluz ten que sentirse orgulloso da súa orixe e da súa tradicón, ou un manchego, ou un leonés. Non ten nada que ver con 'odio', precisamente foi o odio o que nos levou a situacións de dominantes e dominados. Tampouco ten que ver con discriminar. So ten que ver con poder escoller e aprobeitar a diversidade. Non ten que ver nada con discusións sobre 'España, Galicia, Estado, Nación, País...' Simplemente ten que ver con ter liberdade, co respecto e con acadar a igualdade.Hoxe é o día da lingua, pero non o día de falar galego porque 'hoxe vou falar galego' ou de que os xornais muden as súas portadas de idioma porque 'estamos a tope co galego'. Non. É o día de lembrar que todos os días temos que ser conscientes dos valores de Galicia. E se un serbio o fai na súa lingua, un madrileño que o faga en español e que un galego no que escolla, pero que o fagan.
Se alguén pensa que, 'cos problemas que hai a día de hoxe esto son cativeces' debería pensar na importancia de defender o que un é, non so o que un ten. E, aínda que pareza cousa de meigas, eu tamén son 'Letras Galegas' porque, ademais de disfrutar e de recoñecer a obra galega, do mesmo xeito que a do resto de España que merece a pena, a miña elección libre é empregar como primeira lingua o galego. Igual que sobre esta entrada, pódese opinar, valorar, suxerir, sobre a miña elección. Pero non xulgar, e moito menos infravalorar.
Aqui me tienes ;o) Intento ver que es lo que tienes que contarnos.... Pero porque usar un serbio como ejemplo de tener una legua propia? jejejej Hay muchos mejores ejemplos. Bicos!!!
ResponderEliminarHola, Alba, o teu blog ten moi boa pinta, espero que teñas éxito con él.
ResponderEliminar